FRANCISCO MARÍN PARTICIPOU NUN XANTAR SECTORIAL CO CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA “PRESENTE E FUTURO DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL: O PLAN HIDROLÓXICO 2015-2021 E O SEU PROGRAMA DE MEDIDAS”

FRANCISCO MARÍN PARTICIPOU NUN XANTAR SECTORIAL CO CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA “PRESENTE E FUTURO DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL: O PLAN HIDROLÓXICO 2015-2021 E O SEU PROGRAMA DE MEDIDAS”

“PRESENTE E FUTURO DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL: O PLAN HIDROLÓXICO 2015-2021 E O SEU PROGRAMA DE MEDIDAS” versou a intervención e o coloquio durante o xantar sectorial, con máis de 25 membros do Círculo de empresarios de Galicia, no Club Financeiro de Vigo.

A intervención do presidente da CH do Miño-Sil comezou identificando que é unha bacía hidrográfica e as funcións xerais dos organismos da bacía, como se elaborou e para que serve o Plan Hidrolóxico da demarcación do Miño-Sil, aprobado por Consello de Ministros o pasado 8 de xaneiro.

Describiu o Plan hidrolóxico (PH) como unha “radiografía moi precisa da bacía” e indicou que, unha vez identificados os problemas da Demarcación, o PH incorpora un Programa de Medidas, no horizonte 2016/2021, por importe de 426 M/€ que permitirán avanzar na consecución de 3 obxectivos claros:

-Conseguir mellorar o bo estado das masas de auga.

-Conseguir mellorar a adecuada protección do Dominio Público Hidráulico.

-Satisfacer as demandas.

“Estes 426 M€ intégranse nunhas 500 medidas recollidas no propio PH, con financiamento a cargo das distintas Administracións do territorio (Estado, CCAA, Deputacións e Aytos) que, segundo a información recibida e a obtida nas reunións das mesas de traballo do Comité de Autoridades Competentes, axudaranos a alcanzar no ano 2021 o bo estado das masas de auga tal e como establece a Directiva Marco da auga”, matizou Francisco Marín.

Tamén expuxo brevemente a colaboración da CHMS coas distintas Administracións na presentación de proxectos europeos estratéxicos que dinamizarán, proxectarán e valorizarán o potencial natural da bacía hidrográfica e outros que contribuirán a un mellor coñecemento e gobernanza da mesma ante a presenza de fenómenos extremos.

  • POCTEP- RAIA TERMAL (3,4 M€) co ánimo de favorecer as sinerxias termais en ambos lados da “raia”, mellorando os entornos fluviais asociados á actividade termal.
  • POCTEP- MIGRAMIÑO (2,5 M€) para favorecer a reproducción de especies propias do baixo Miño-Sábalo, Lamprea, Anguía-.
  • POCTEP- RISC MIÑO-LIMIA (2,7 M€) para, a partir de simulacións, póidanse predecir a zonas afectadas polas crecidas dos ríos en función da chuvia esperada e que poida servir para actualizar o Plan Especial ante situaciónsde Sequía extrema.
  • LIFE- REGENERA LIMIA (2 M€) conxunto de técnicas demostrativas para reducir a presenza de nutrintes nas masas de auga da comarca de A Limia (Ourense).

Os membros do Círculo mostraron interese na información achegada polo presidente e sobre todo no que respecta ás posibilidades de negocio que puidesen xurdir do conxunto de traballos que desenvolve o organismo de bacía, para a mellora, xestión e gobernanza da mesma.