
16 Out Aprobación por parte do Consello Nacional da auga dos plans especiais de seca das demarcacións hidrográficas españolas
O Consello Nacional da auga aprobou o 16 de outubro de 2018 informe favorable sobre a proposta de orde ministerial para a aprobación dos plans especiais de seca das demarcacións hidrográficas que son competencia da Administración Xeral do Estado (Cantábrico, Miño-Sil, Douro, Guadiana, Guadalquivir, Tajo, Ceuta, Melilla, Segura, Júcar e Ebro). Unha vez superado este trámite no máximo órgano de consulta e participación na materia, o seguinte paso é ditar e publicar a orde aprobatoria.
Trátase dunha revisión, pois estes plans están vixentes desde 2007, e teñen como obxectivo mellorar a xestión do recurso hídrico en situacións de escaseza co fin de minimizar os impactos ambientais, económicos e sociais, sendo España o único país da Unión Europea que conta con estes instrumentos de planificación.
Coa revisión dos Plans de Seca, perséguese a identificación obxectiva dos fenómenos de seca e de escaseza mediante un sistema claro de indicadores hidrolóxicos, que sirva de referencia xeral aos organismos de conca para a declaración formal de situacións de alerta e eventual seca; a previsión de medidas conxunturais para mitigar os seus efectos e a organización dos mecanismos institucionais e participativos pertinentes para a activación e desactivación das medidas contidas nos plans.
Así mesmo, esta actualización permitirá mellorar as accións que se poidan poñer en marcha en cada unha das concas e sistemas de explotación, para así xestionar mellor estas situacións a partir da experiencia adquirida ao longo dos once anos en que os plans de seca estiveron en vigor. Estes plans incluirán as regras de explotación dos sistemas e as medidas para aplicar en relación co uso do dominio público hidráulico.
Podes consultar o Plan Especial de Actuación en Situacións de Alerta e Eventual Seca da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, a traves da ligazón: https://www.chminosil.es/images/sequia/plan/RESUMEN-PES.pdf