A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Universidade de Vigo mantiveron un encontro de traballo en Madrid co Centro de Estudos Hidrográficos do CEDEX

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Universidade de Vigo mantiveron un encontro de traballo en Madrid co Centro de Estudos Hidrográficos do CEDEX

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Universidade de Vigo mantiveron onte un encontro de traballo en Madrid cos técnicos do Centro de Estudos Hidrográficos do CEDEX, Organismo autónomo adscrito aos Ministerio de Fomento e Para a Transición Ecolóxica.

Esta reunión, enmarcada nas actividades do Proxecto RISC_ ML, xorde co obxectivo de realizar unha revisión conxunta dos modelos globais e rexionais que se van a utilizar para a estimación do impacto do cambio climático nas variables da fase atmosférica do ciclo hidrolóxico.

Estes modelos utilizaranse para estimar as citadas variables para os períodos 2010-2040, 2040-2070 e 2070-2100. Cos resultados obtidos realizarase unha comparación cos valores rexistrados no período histórico de referencia 1950-2006.

Noutra fase procederase a avaliar para os mesmos períodos as variables da fase terrestre do ciclo hidrolóxico, mediante o emprego do modelo SIMPA do CEDEX.

Este encontro enmárcase dentro dos traballos da Actividade 1 do proxecto RISC- ML, sobre a análise hidrográfico e hidrolóxico da conca internacional, o novo inventario de recursos hídricos e o impacto do cambio climático sobre os mesmos, e é continuación das reunións celebradas no Centro de Estudos Hidrográficos durante o segundo semestre do 2018 e no mes de xaneiro de 2019.