Presentacion do Proxecto Risc_ ML no Seminario “Os desafíos da Monitoraxe e Xestión de Recursos Hídricos en Escenario de Alteracións Climáticas”” (Lisboa, 20 marzo de 2020)

Presentacion do Proxecto Risc_ ML no Seminario “Os desafíos da Monitoraxe e Xestión de Recursos Hídricos en Escenario de Alteracións Climáticas”” (Lisboa, 20 marzo de 2020)

O

O proxecto Risc Miño Limia ( RISC_ ML) será presentado no Seminario “Os desafíos da Monitoraxe e Xestión de Recursos Hídricos en Escenario de Alteracións Climáticas”, que se celebrará no Laboratório Nacional de Engenharia Civil ( LNEC), en Lisboa, o proximo 20 de marzo.

Organizado pola Agência Portuguesa do Ambiente (APA), este seminario pretende reunir aos mellores especialistas en recursos hídricos para explicar e debater as tematicas dá monitoraxe da cantidade e a calidade do recurso para unha mellor xestión ante fenómenos extremos.

O obxectivo principal do proxecto é minimizar e avaliar os efectos dos fenómenos extremos (secas e inundacións) e do cambio climático na xestión das nosas masas de auga e os seus ecosistemas asociados, co fin de lograr a elaboración dun plan hidrolóxico e de xestión único para toda a demarcación hidrográfica internacional en cumprimento da Directiva Marco da auga e contribuír á mellora e consecución do bo estado das mesmas.

Cabe destacar que a demarcación internacional das concas dos ríos Miño e Limia cobre un territorio dun 19.600 km2 e alberga unha poboación de máis dun millón de persoas, no que estriba a gran importancia e repercusión do proxecto europeo RISC_Miño Limia que se enmarca dentro do Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020, financiado polo Fondo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

 

Programa do Seminario.