A CHMS e o CEDEX avanzan no estudo do impacto do cambio climático nos recursos hídricos e no réxime de secas

A CHMS e o CEDEX avanzan no estudo do impacto do cambio climático nos recursos hídricos e no réxime de secas

Técnicos do Centro de Estudos Hidrográficos do CEDEX, Organismo autónomo adscrito aos Ministerio de Fomento e para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e os da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, mantiveron o pasado venres, 10 de xullo, unha reunión por videoconferencia para analizar os avances dos traballos incluídos no encargo sobre o impacto do cambio climático nos recursos hídricos no marco do Proxecto RISC_ ML.

Durante o encontro, repasáronse os aspectos xa abordados en anteriores reunións como a  simulación do ciclo hidrolóxico da serie interpolada sen e con corrección de rumbo, mediante gráficos anuais, medias mensuais e estacionais e a súa distribución espacial.

Tamén se mostraron os resultados das achegas, comparándoos con estudos anteriormente elaborados tanto polo CEDEX como pola CHMS e analizouse o impacto do cambio climático no réxime de secas, a través dunha pormenorizada e detallada exposición cos resultados provisionais obtidos.

Os traballos obxecto do encargo están próximos a finalizar, polo que se espera obter unha primeira versión do estudo completo despois do verán.

Este encontro enmárcase dentro dos traballos da Actividade 1 do proxecto RISC- ML, relativa ao inventario de recursos hídricos e o impacto do cambio climático nos mesmos.