XVIII REUNION DO GRUPO DE TRABALLO CONXUNTO DO PROXECTO RISC_ ML

XVIII REUNION DO GRUPO DE TRABALLO CONXUNTO DO PROXECTO RISC_ ML

As entidades que conforman o participado do proxecto RISC_ ML, lideradas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, reuníronse novamente por videoconferencia este mércores, 29 de xullo de 2020; esta sería a décimo oitava reunión do Grupo de Traballo Conxunto.

Este encontro serviu para actualizar o nivel de execución das principais accións do proxecto, así como para realizar un seguimento das diferentes cuestións a nivel de xestión e coordinación, especialmente no que corresponde á solicitude de ampliación do proxecto ata o 31/12/2021.

Por outra banda, fíxose fincapé na finalización do VOO LIDAR sobre a parte portuguesa da Demarcación, á espera do tratamento definitivo dos datos para obter a cartografía desta área. Da mesma forma, explicouse que están moi próximos a finalizar os novos traballos das estacións SAIH de Allariz (Ourense) e Chantada (Lugo), pendentes de probas de comunicacións e de subministración eléctrica.

Finalmente, o Grupo de Traballo Conxunto emprazouse para o próximo 14 de setembro