XIX Reunión do grupo de traballo conxunto do proxecto RISC_ ML

XIX Reunión do grupo de traballo conxunto do proxecto RISC_ ML

As entidades que conforman o participado do proxecto RISC_ ML, lideradas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, reuníronse novamente por videoconferencia este luns 14 de setembro de 2020 con motivo da decimonovena reunión do Grupo de Traballo Conxunto.

Neste encontro repasouse o grao de execución das diferentes actividades do proxecto, así como o estado de execución financeira do mesmo, o cal nestes momentos atópase próximo ao 60 % do orzamento programado e que nos próximos meses verase incrementado de maneira substancial debido á inminente finalización de moitos traballos actualmente en marcha e próximos a finalizar, tales como o estudo do impacto do cambio climático sobre os recursos hídricos na demarcación internacional, o novo voo Lidar realizado ou as estacións de Chantada e Pobra do Brollón ambas na provincia de Lugo .

As entidades beneficiarias do proxecto reuniranse novamente nos próximos días, á espera de que as autoridades de xestión do programa POCTEP resolvan a solicitude de prórroga na execución do proxecto ata o 31 de decembro de 2021, data actualmente fixada no 5 de abril de 2021. En función diso levará a cabo unha análise e actualización dos prazos das accións pendentes de terminación no marco do RISC_ ML co fin de alcanzar o maior cumprimento dos obxectivos previstos e o maior grao de avance posible.