O CAMPUS DE OURENSE DA UVIGO PUBLICA UN “ PAPER” SOBRE O NOVO SISTEMA DE AXUDA Á DECISIÓN (MIDAS) FRONTE A INUNDACIÓNS

O CAMPUS DE OURENSE DA UVIGO PUBLICA UN “ PAPER” SOBRE O NOVO SISTEMA DE AXUDA Á DECISIÓN (MIDAS) FRONTE A INUNDACIÓNS

O artigo mostra un sistema de alerta temperá #ante inundacións, deseñado para o río Miño, MIDAS (Miño RIver FlooD Alert System), que parte de datos de choiva proporcionados por METEOGALICIA, e permite prever, en cuestión de minutos, a posibilidade de inundacións para os días seguintes, así como os seus riscos asociados.

O MIDAS, que se basea nos modelos HEC- HMS e Iber+, é totalmente novo e permite coñecer as posibilidades de inundación en tempo real; esta posibilidade só podía inferirse a partir de comparación co rexistro histórico.

Para a súa validación, MIDAS foi utilizado para reproducir os datos de caudal medidos nas cidades de Lugo e Ourense desde 2012 ata a actualidade. Analizáronse case 3000 casos, dos cales o sistema foi capaz de reproducir a situación real recollida no rexistro histórico en máis do 99% dos casos, mostrando ademais unha elevada capacidade para reproducir aqueles episodios de caudal extremo. Neste sentido, o modelo foi capaz de identificar a maior parte dos estados de alerta asociados a grandes crecidas de caudal acaecidos durante ese período.

En resumo, este sistema dota á conca do Miño-Sil dunha ferramenta líder a nivel tanto español como europeo para a análise detallada de fenómenos de inundación, tanto da área asolagada como do seu risco potencial e, grazas ao seu modularidad, é facilmente adaptable a outras bacías.