Celébrase a vixésima reunión do Grupo de Traballo Conxunto do proxecto RISC_ML

Celébrase a vixésima reunión do Grupo de Traballo Conxunto do proxecto RISC_ML

O mércores, 18 de novembro, as Entidades que conforman o Participado do proxecto RISC_ML, lideradas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, reuníronse novamente por videoconferencia con motivo da vixésima reunión do Grupo de Traballo Conxunto.

Neste encontro repasouse o grao de execución tanto a nivel técnico como financeiro, unha vez que foi concedida unha nova prórroga ata o 31 de decembro de 2021, o cal permitirá poder executar con total garantía as accións restantes do proxecto.

Destacouse especialmente o elevado grao de execución dalgunhas das actividades con maior impacto do proxecto, tales por exemplo as 7 estacións (5 estacións SAICA e 2 estacións da Rede SAIH) xa finalizadas e o inicio inminente da ampliación da REDE SAIH no río Saá na Pobra do Brollón , ou o estudo de avaliación do impacto do cambio climático nos recursos hídricos da demarcación internacional, do cal xa se recibiu unha primeira versión por parte do CEDEX.

O encontro tamén serviu para avanzar nunha serie de accións que requiren da colaboración estreita entre os beneficiarios do proxecto (tales como o Plan de Seca Conxunto ou o Protocolo de Comunicacións) para poder contar coas súas versións definitivas nos próximos meses de execución.

As entidades beneficiarias do proxecto citáronse novamente para o mércores, 16 de decembro, na que será xa a 21ª reunión do Grupo de Traballo Conxunto.