Consulta pública do Proxecto Plan Hidrolóxico de Conca 2022-2027

Consulta pública do Proxecto Plan Hidrolóxico de Conca 2022-2027

 De acordo co anuncio da Dirección Xeral da auga do 1 de xuño de 2021 (BOE do 22 de xuño de 2021), iníciase o período de consulta pública durante seis meses (a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado) ata o 22 de decembro de 2021, da proposta de proxecto de revisión de plan hidrolóxico (ciclo de planificación hidrolóxica 2022-2027) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e o seu Estudo Ambiental Estratéxico asociado (artigos 20, 21 e 22 Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental).

Durante o citado prazo, e en cumprimento dos artigos 74; 80.2) e 80.3) do Regulamento da Planificación Hidrolóxica aprobado mediante o Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo, e dos artigos 20, 21 e 22 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental poderanse formular as oportunas propostas, observacións e suxerencias dirixidas á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A.

O vídeo da xornada en liña de presentación da Proposta de Proxecto de Plan Hidrolóxico da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil para o período 2022-2027 celebrada o mércores 14 de xullo de 2021 pódese descargar na seguinte ligazón.

Os documentos que conforman o proxecto de novo plan hidrolóxico (seguindo a estrutura formal sinalada no artigo 81 do Regulamento da Planificación Hidrolóxica) e o seu Estudo Ambiental Estratéxico (EAE), pódense consultar nesta páxina.