ANÁLISE DA BACÍA

Análise das bacías dos ríos Miño e Limia a nivel xeográfico e hidrolóxico

Preténdese contribuír a un mellor coñecemento da Demarcación Hidrográfica Internacional das concas dos ríos Miño e Limia, de acordo co principio de unidade de conca e co establecido na Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas, en relación coas demarcacións hidrográficas internacionais e os plans hidrolóxicos únicos.

Executar actuacións encamiñadas a obter un maior coñecemento da demarcación hidrográfica, sendo pertinente para iso realizar unha nova cartografía da demarcación afinando a óptica desde a escala 1:25 a 1.10.000 para a continuación realizar unha análise dos recursos hídricos da bacía e a súa estimación futura a 2070-2100 considerando o cambio climático.

  • Nova cartografía da demarcación internacional a escala 1:10.000
  • Novo inventario de recursos hídricos considerando o cambio climático en tres escenarios: 2011-2040, 2041-2070 e 2070-2100

RESULTADOS

  • Cartografía conxunta da demarcación hidrográfica internacional Miño-Limia a escala 1:10.000
  • Informe sobre datos históricos reais de precipitación e temperatura da demarcación internacional
  • Informe downscaling dos datos climáticos dos modelos globais e rexionais
  • Modelización hidrolóxica considerando o cambio climático para os períodos 2011-2040, 2041-2070 e 2070-2100
  • Modelización da xestión dos recursos hídricos
  • Informe de análise e balance dos recursos e demandas dos diferentes usos da auga para os diferentes escenarios