RISC_ML

007_20151022_165317

RISC_ ML pretende o “deseño de medidas conxuntas orientadas á prevención, preparación, predición e unha mellor xestión ante os fenómenos extremos, tales como inundacións e secas, na demarcación hidrográfica internacional do Miño-Lima, a fin de mitigar os seus efectos. Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020”.

Un maior coñecemento da demarcación hidrográfica internacional, o establecemento de mecanismos para a xestión conxunta de secas e a alerta temperá ante inundacións permitirán unha maior preparación e capacidade de resposta no territorio fronte aos mesmos. É por iso que este proxecto non sería viable sen a cooperación expresa dos organismos de vacía responsables por parte de ambos os Estados, así como dos centros de investigación na materia.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Alcanzar un maior coñecemento da demarcación hidrográfica internacional Miño-Limia, tanto a nivel cartográfico como hidrográfico
  • Mellorar os mecanismos de xestión existentes en relación á identificación e xestión de secas na demarcación hidrográfica
  • Establecer un sistema de alerta temperá que permita avaliar fidedignamente o risco real de inundacións en función da área concreta da bacía