12 Abr Accesit á maior contribución científica, polo Campus dá Auga (Uvigo),ao traballo “Sistema de alerta temperá MIDAS (Miño River Flood Alert System)
Traballo premiado pola Universidade de Vigo na “IV edición dos Premios de investigación, transferencia e divulgación científica” do Campus da Auga, na categoría de Maior contribución científica
Recibiuse un Accésit polo artigo publicado na revista Water titulado MIDAS: A New Integrated Flood Early Warning System for the Miño River, do que é autor Diego Fernández e coautores Orlando García, José González Cao, Carlos de Gonzalo Aranoa, José Antonio Rodríguez, Carlos Guillermo Ruiz do Portal e Ramón Gómez Gesteira. Nel presentan o Miño Flood Alert System (Midas), sistema de alerta temperá de inundacións para a conca internacional Miño-Limia.
Este sistema é froito do proxecto Risc Miño-Limia, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (Poctep) e liderado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Trátase dun Sistema Integrado de Alerta Temperá fronte ás inundacións, denominado MIDAS (Miño River Flood Alert System), que utiliza como dato de entrada ao sistema, a previsión de precipitación de facilitada por Meteogalicia, dando como resultado un caudal previsto nos puntos analizados e unha extensión previsible da inundación nos tramos modelizados, emitindo unha alerta no caso que se superen os limiares preestablecidos.
Las previsiones se realizan a 72 horas vista y precisión horaria.
As previsións realízanse a 72 horas vista e precisión horaria.
Utiliza software libre (modelo hidrolóxico HEC- HMS e modelo Hidráulico IBER) e foi desenvolto polos investigadores do Campus da auga de Ourense da Universidade de Vigo, coa colaboración da CHMS, da facultade de Enxeñería do Porto e a Axencia Portuguesa de Ambiente, no marco do Proxecto Poctep RISC_ ML liderado pola CHMS.
Nesta mesma sesión o galardón á mellor contribución científica foi para o artigo Hydrometereological droughts in the Miño-Limia-Sil hydrographic demarcation ( northwestern Iberian Peninsula): the role of atmospheric drivers, do que é autor Rogert Sorí e coautores Marta Vázquez, Milica Stojanovic, Raquel Olalla Nieto, Margarita Liberato e Luís Gimeno, membros do grupo Ephyslab. Publicado en Natural Hazards and Earth System Sciences, de a European Geosciences Union, no traballo identificáronse as secas meteorolóxicas que afectaron á demarcación hidrográfica Miño–Limia–Sil durante o período 1980-2017, facendo fincapé na investigación da circulación atmosférica como impulsora de diferentes condicións de seca.
Resultado do modelo previsión de mancha de inundación en Lugo.