RISC_ML

Obxectivos Específicos

  • Alcanzar un maior coñecemento da demarcación hidrográfica internacional Miño-Limia, tanto a nivel cartográfico como hidrográfico
  • Mellorar os mecanismos de xestión existentes en relación á identificación e xestión de secas na demarcación hidrográfica
  • Establecer un sistema de alerta temperá que permita avaliar fidedignamente o risco real de inundacións en función da área concreta da bacía

Obxectivos de cada actuación

null

Análise
de bacía

Executar actuacións encamiñadas a obter un maior coñecemento da demarcación hidrográfica, sendo pertinente para iso realizar unha nova cartografía da demarcación afinando a óptica existente desde a escala 1:25.000 a 1.10.000 para a continuación realizar unha análise dos recursos hídricos da bacía e a súa estimación futura a 2070-2100 considerando o cambio climático.

null

Plan de seca
conxunto

Analizar entre os índices existentes de seca aqueles que representan de forma máis precisa a área de estudo e, potencialmente, adaptar os xa existentes, para posteriormente elaborar un plan técnico de seca conxunto para toda a demarcación internacional.

null

sistema
de alerta
temperá

Partindo do protocolo de alerta temperá de inundacións da CHMS preténdese mellorar as súas prestacións co fin de obter un sistema completamente fiable e eficaz, universalizado para toda a demarcación hidrográfica.

null

programa
de control
e retención
NATURAL

Articulación de sistemas de control hídrico cuxa posta en marcha proporcionará valor engadido para a implementación das primeiras actividades do proxecto, así como deseño de medidas de retención natural contra inundacións en localizacións específicas da bacía do Limia.