PRINCIPIOS HORIZONTAIS

 

O proxecto RISC ML desde a súa fase de deseño ata a implementación actual vela por que as accións do proxecto garantan en todo momento o cumprimento dos principios horizontais e as políticas comunitarias en materia de igualdade de oportunidades e non discriminación, igualdade entre mulleres e homes e desenvolvemento sustentable, recollidas no Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013; concretamente, no seu artigo 7, establécese que “os Estados membros e a Comisión tomarán as medidas oportunas para evitar calquera discriminación por razón de sexo, raza ou orixe étnico, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual durante a preparación e execución dos programas”.

A continuación preséntanse as medidas adoptadas en cada un dos principios horizontais recollidas no Formulario de Candidatura do proxecto aprobado.

 

Desenvolvemento sustentable

 

Tal e como dispoñen as diferentes estratexias e políticas da UE, o proxecto RISC_ ML, contribuirá a preservar o patrimonio natural mediante o deseño dun conxunto de medidas orientadas a obter un maior coñecemento do medio hídrico e cartográfico e do establecemento de mecanismos de actuación e prevención con respecto aos fenómenos extremos -secas, incendios e inundacións-,  co obxectivo de mitigar os efectos dos mesmos no medio ambiente.

 

Igualdade entre homes e mulleres

 

Aínda que pola propia temática do proxecto non existan accións concretas de fomento da igualdade entre homes e mulleres, cabe mencionar que o proxecto asegurará a igualdade de oportunidades e, por tanto, a non discriminación por discapacidade, raza, relixión, orientación sexual, etc., nos procesos de contratación que se realicen ao longo do período de execución. Este principio imperará, tanto no que respecta ás contratacións de persoal que se realicen no seo de cada unha das entidades socias, como nos pregos de condicións correspondentes á contratación de servizos ou expertos externos.

 

Igualdade de oportunidades e non discriminación

 

Do mesmo xeito que no contexto da igualdade de oportunidades, o proxecto garantirá tamén a igualdade entre homes e mulleres e, por tanto, a non discriminación por razón de sexo. Por iso, como así se especificou no apartado anterior, os procedementos de contratación de persoal que puidesen levar a cabo os socios do proxecto así como os de servizos e expertos externos respectarán en todo momento a igualdade entre homes e mulleres garantindo a total imparcialidade na materia.

 

>