Accesit á maior contribución científica, polo Campus dá Auga (Uvigo),ao traballo “Sistema de alerta temperá MIDAS (Miño River Flood Alert System)
Traballo premiado pola Universidade de Vigo na “IV...
12 Abril, 2022
VÍDEO RESUMEN DO PROXECTO RISC_ML
OS RECURSOS HÍDRICOS ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO – OS FENÓMENOS EXTREMOS
XORNADA DE PECHE DO PROXECTO RISC_ML: PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES E RESULTADOS
RISC_ML pretende o “deseño de medidas conxuntas orientadas á prevención, preparación, predición e unha mellor xestión ante os fenómenos extremos, tales como inundacións e secas, na demarcación hidrográfica internacional do Miño-Lima, a fin de mitigar os seus efectos”. Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020”.
Un maior coñecemento da demarcación hidrográfica internacional, o establecemento de mecanismos para a xestión conxunta de secas e a alerta temperá ante inundacións permitirán unha maior preparación e capacidade de resposta no territorio fronte aos mesmos. É por iso que este proxecto non sería viable sen a cooperación expresa dos organismos de bacía responsables por parte de ambos Estados, así como dos centros de investigación na materia.
Executar actuacións encamiñadas a obter un maior coñecemento da demarcación hidrográfica, sendo pertinente para iso realizar unha nova cartografía da demarcación afinando a óptica existente desde a escala 1:25.000 a 1.10.000 para a continuación realizar unha análise dos recursos hídricos da bacía e a súa estimación futura a 2070-2100 considerando o cambio climático.