ANÁLISE DA BACÍA

Análise das bacías dos ríos Miño e Limia a nivel xeográfico e hidrolóxico

O proxecto contribúe  a un mellor coñecemento da Demarcación Hidrográfica Internacional das bacías dos ríos Miño e Limia, de acordo co principio de unidade de bacía e co establecido na Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas, en relación coas demarcacións hidrográficas internacionais e os plans hidrolóxicos únicos.

Para obter un maior coñecemento da demarcación hidrográfica están a levarse a cabo unha serie de actuacións,  desenvolvendo  unha nova cartografía da demarcación (afinando a óptica desde a escala 1:25 a 1.10.000) para a continuación realizar unha análise dos recursos hídricos da bacía e a súa estimación futura a 2070-2100 considerando o cambio climático.

  • Nova cartografía da demarcación internacional a escala 1:10.000

    Esta nova cartografía permite mellorar o detalle da rede básica da Demarcación Hidrográfica, cunha afinación da óptica a 1.10.000.

  • Novo inventario de recursos hídricos considerando o cambio climático en tres escenarios: 2011-2040, 2041-2070 e 2070-2100

    Un novo inventario de recursos hídricos da demarcación que ten en conta o efecto do cambio climático nas partes española e portuguesa da demarcación, considerando o efecto das alteracións na definición dos diferentes compoñentes que determinan o balance hídrico da bacía.