SISTEMA DE ALERTA TEMPERÁ

Novo sistema de alerta temperá fronte a inundacións na demarcación internacional

Mellora das prestacións do protocolo de alerta temperá de inundacións da CHMS para a obtención dun sistema completamente fiable e eficaz, universalizado para toda a demarcación hidrográfica.

  • Mellora de datos dispoñibles: datos de modelado, datos de estacións

    Incorporación ao sistema do maior número de datos meteorolóxicos dispoñibles para a detección de situacións que poderían dar lugar a episodios de inundacións, así como o uso e incorporación dunha serie de datos de estacións que complementen e contribúan a mellorar os datos dispoñibles.

  • Desenvolvemento e adaptación de ferramentas de modelado

    Uso de predicións probabilísticas baseadas en redes neuronais para a detección temperá de situacións potencialmente perigosas, calibración de modelos, adaptación de modelos de última xeración e predición por “ ensembles”, así como desenvolvemento e integración dun modelo de xestión de encoros que permita a toma de decisións oportunas sobre as descargas que son necesarias para amortecer as inundacións.

  • Elaboración dun protocolo de comunicacións

    Protocolo de comunicacións mediante o cal se pode informar tanto as administracións como á poboación de eventuais situacións de alerta, dirixido a autoridades competentes (rexional e local), protección civil e cidadanía.