Risc_ML presente en CONAMA 2018

Risc_ML presente en CONAMA 2018

Os socios do proxecto Risc_ ML, coordinado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, estiveron presentes na 14ª edición do Congreso Nacional do Medio Ambiente, CONAMA 2018, celebrado entre o 26 ao 29 de novembro 2018 en Madrid.

O Congreso contou cun apartado específico para os Proxectos Europeos “ CONAMA CONECTA” situado na exposición de casetas de Conama 2018, que funcionará como centro de contacto e intercambio de experiencias das Entidades participantes.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, beneficiario principal no Proxecto Risc Miño_Limia, deu a coñecer os obxectivos, accións, socios e resultados conseguidos en Risc ata o momento grazas ao Taller Formativo do Programa Interreg.