Reunión do Grupo de Traballo Técnico conxunto no Centro de Control de Cuenca da CHMS

Reunión do Grupo de Traballo Técnico conxunto no Centro de Control de Cuenca da CHMS

Durante o día de hoxe, os técnicos da CHMS da APA e das Universidades de Vigo e Porto, realizaron un encontro, na sede do Centro de Control de Cuenca da CHMS, sobre “Modelización hidrometeorológica para a prevención de fenómenos extremos”, centro onde se reciben os datos, vía satélite e cada 15 minutos, das estacións de control situadas en puntos estratéxicos da demarcación.

Desde o comezo do proxecto celebráronse catorce reunións do grupo de traballo técnico conxunto, creado para a correcta realización e xestión do proxecto. O obxectivo principal do proxecto é minimizar e avaliar os efectos dos fenómenos extremos (secas e inundacións) e do cambio climático na xestión das nosas masas de auga e os seus ecosistemas asociados, co fin de lograr a elaboración dun plan hidrolóxico e de xestión único para toda a demarcación hidrográfica internacional en cumprimento da Directiva Marco da auga e contribuír á mellora e consecución do bo estado das mesmas.

Fonte: CHMS