12 Dec A CHMS e reúne co Centro de Estudos Hidrográficos do CEDEX para avaliar o avance dos traballos que están a realizar no marco do proxecto Risc Miño-Limia
O equipo de traballo do Centro de Estudos Hidrográficos, dependente do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX), mantivo hoxe unha reunión co grupo de traballo do proxecto Risc M_ L da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Oficina de Planificación Hidrolóxica, para realizar o seguimento do Encargo ao CEDEX “AVALIACIÓN DO IMPACTO DO CAMBIO CLIMÁTICO NOS RECURSOS HÍDRICOS DAS PARTES ESPAÑOLA E PORTUGUESA DAS BACÍAS HIDROGRÁFICAS DOS RÍOS MIÑO E LIMIA NO MARCO DO PROXECTO POCTEP RISC MIÑO_LIMIA”.
Analizouse o informe correspondente á TAREFA 1: TRATAMENTO DOS VALORES CLIMÁTICOS PROCEDENTES DAS SIMULACIÓNS CON MODELOS CLIMÁTICOS.
Este encontro tivo lugar no Centro de Control de Bacía (CECU) da CHMS en Ourense.
Fonte: CHMS