A CHMS E O CEDEX ANALIZAN O BORRADOR DO INFORME SOBRE O IMPACTO DO CAMBIO CLIMÁTICO NOS RECURSOS HÍDRICOS NA DEMARCACIÓN INTERNACIONAL

A CHMS E O CEDEX ANALIZAN O BORRADOR DO INFORME SOBRE O IMPACTO DO CAMBIO CLIMÁTICO NOS RECURSOS HÍDRICOS NA DEMARCACIÓN INTERNACIONAL

Os técnicos do Centro de Estudos Hidrográficos do CEDEX, Organismo autónomo adscrito aos Ministerio de Fomento e para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e os da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil mantiveron o xoves, 16 de outubro de 2020, unha reunión por videoconferencia para analizar os avances alcanzados nos traballos do encargo sobre o impacto do cambio climático nos recursos hídricos no marco do Proxecto RISC_ ML.

Ao longo do encontro, analizáronse todos os aspectos abordados polo estudo tales como a estimación da evolución das principais variables hidrolóxicas na demarcación internacional a curto, medio e longo prazo (horizontes 2040, 2070 e 2100 respectivamente), as medias das diferenzas simuladas na achega media, a evolución da achega nos principais núcleos de poboación, así como o impacto do cambio climático no réxime de secas.

Así mesmo, presentouse unha versión completa do estudo que foi analizada polos técnicos de ambos os organismos antes da súa consolidación.

Este encontro enmárcase dentro dos traballos da Actividade 1 do proxecto RISC- ML, relativa ao inventario de recursos hídricos e o impacto do cambio climático nos mesmos.