As inundacións teñen os días contados en Baños de Molgas

As inundacións teñen os días contados en Baños de Molgas

Nunha reunión entre a Confederación Hidrográfica Miño Sil e o comité de xestión do proxecto Risc Miño-Limia, un proxecto para previr os riscos que conlevan as inundacións, deuse conta onte da finalización das obras de construción das novas estacións Saica, que portan un sistema automático de información de calidade das augas. En Ourense, xa se puxeron en funcionamento as dos ríos Avia en Leiro e o Arenteiro no Carballiño.

Ademais, informouse de que os estudos das medidas de retención natural fronte ás inundacións en Baños de Molgas, unha das localidades que máis as sofren de Ourense, están xa moi avanzados. Espérase que poidan estar finalizados ao longo do primeiro semestre deste ano.

O orzamento do proxecto baixo o que se engloban estas medidas, supera os 2.335.000 euros e xa supera o 80% da súa execución. O principal obxectivo é mellorar a capacidade de reacción ante fenómenos extremos.

Fonte: La Región