Os resultados de RISC_ML difúndense no X Simposio Ibérico da Conca Hidráulica do Miño

Os resultados de RISC_ML difúndense no X Simposio Ibérico da Conca Hidráulica do Miño

O 5 e 6 de novembro de 2021 celebrouse o X Simposio Ibérico da Conca Hidráulica do Miño, organizado polo Aquamuseu do Rio Minho. O equipo da FEUP, representado por Miguel Costa, presentou unha comunicación co tema “Definición de indicadores comúns para a xestión transfronteiriza de situacións de seca e escaseza. O caso da conca do Miño”, traballo resultante da actividade 2 de RISC_ ML. Nesta comunicación deuse a coñecer o proxecto e a súa sesión de clausura.

O obxectivo do simposio consistía en dar difusión de proxectos en curso ou xa concluídos, que abarcan diferentes temas e que teñen a conca do Miño como área de intervención e promover o debate sobre a xestión dos recursos naturais e sensibilizar sobre a importancia de preservar a biodiversidade asociada ao río Miño.

Podes descargar aquí o programa e acceder á web do evento neste link.