
18 Nov 26ª reunión do grupo de traballo conxunto do proxecto RISC MIÑO-LIMIA
Celebrada a vixésima sexta reunión do Grupo de Traballo Conxunto dos socios do proxecto europeo POCTEP RISC_ ML, liderado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil O.A.
Durante a mesma, avaliouse o desenvolvemento de todas as actividades do Proxecto, que finaliza o próximo 31 de decembro de 2021, e cuxo grao de execución é do 95 %.
Durante o encontro, incidiuse nos avances alcanzados na cartografía da demarcación, no estudo do impacto do cambio climático sobre os recursos hídricos, o plan de seca conxunto, a ampliación da rede SAIH- SAICA e o novo sistema de alerta temperá MIDAS.
Doutra banda, ultimáronse os preparativos da xornada de peche do Proxecto que se celebrará o próximo 25 de novembro.
A sesión celebrouse nas instalacións da Facultade de Enxeñería do Porto (FEUP) e contou coa presenza de todos os socios.