30 Mar Risc_ ML apoia ao proxecto Migra Miño-Minho na súa candidatura aos premios Rede Natura 2000
O proxecto Migra Miño-Minho, finalista do Premio Natura 2000 da Comisión Europea, categoría de Cooperación Transfronteiriza; seleccionado entre os 40 proxectos presentados, o xurado recoñece as accións de conservación e sensibilización dos hábitats e das especies.
Desde a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do MITECO, como socios no proxecto, animámosche a participar co teu voto, o prazo termina o 27 de abril.
O proxecto gañador desvelarase o próximo mes de maio e será seleccionado por un xurado de expertos, durante a cerimonia de entrega dos Premios Europeos Rede Natura 2000, que se celebrará en Bruxelas.
A distinción supoñerá un recoñecemento ao traballo conxunto realizado entre Galicia e o Norte de Portugal na protección da biodiversidade e na conservación da natureza realizado desde o 2017.
Contamos co teu apoio para posicionar ao río Miño en Europa: