
20 Mai Reunión do grupo de traballo conxunto do Proxecto RISC_ML
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) convocou, por videoconferencia, a 27ª reunión do grupo de traballo conxunto do Proxecto RISC_ML, na que se fixo un repaso de cales son os diferentes pasos a levar a cabo para finalizar o circuíto financeiro do proxecto, así como as distintas posibilidades para dar continuidade ás actividades do mesmo no futuro inmediato.
Hai que destacar que a execución financeira do proxecto foi practicamente do 100%, o 99,39%; en base a este dato todos os socios manifestaron a súa satisfacción co resultado final do mesmo.