05 Dec Reunión do Grupo de Traballo Técnico conxunto no Centro de Control de Cuenca da CHMS
Durante o día de hoxe, os técnicos da CHMS da APA e das Universidades de Vigo e Porto, realizaron un encontro, na sede do Centro de Control de Cuenca da CHMS, sobre “Modelización hidrometeorológica para a prevención de fenómenos extremos”, centro onde se reciben os datos, vía satélite e cada 15 minutos, das estacións de control situadas en puntos estratéxicos da demarcación.
Desde o comezo do proxecto celebráronse catorce reunións do grupo de traballo técnico conxunto, creado para a correcta realización e xestión do proxecto. O obxectivo principal do proxecto é minimizar e avaliar os efectos dos fenómenos extremos (secas e inundacións) e do cambio climático na xestión das nosas masas de auga e os seus ecosistemas asociados, co fin de lograr a elaboración dun plan hidrolóxico e de xestión único para toda a demarcación hidrográfica internacional en cumprimento da Directiva Marco da auga e contribuír á mellora e consecución do bo estado das mesmas.
Fonte: CHMS

