
16 Xan PRORROGA DO PROXECTO RISC MIÑO-LIMIA ATA O 31 DE DECEMBRO DE 2020
Os socios do proxecto RISC_ ML, encabezado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, mantivo un encontro de traballo na sede da APA ARH-NORTE no que se expuxeron os principais aspectos a ter en conta, tanto a nivel técnico como financeiro, tras a aprobación da prórroga do proxecto por 12 meses máis, o que posibilita a duración do mesmo ata o 31 de decembro de 2020.
Na reunión estableceuse a folla de roteiro a ter en conta nos sucesivos meses de implementación do proxecto, cuxo reto é a continuación, a bo ritmo, de todas e cada unha das accións técnicas a desenvolver por cada socio.
Así mesmo, avanzouse que neste período verán a luz algúns dos máis importantes resultados desenvoltos no marco do proxecto froito da estreita cooperación entre os técnicos dos organismos e entidades representadas no proxecto.
Neste sentido, hai que destacar os avances realizados nas estacións de control hidrometeorolóxico e de calidade das augas en tempo real, con 5 novas estacións da Rede do Sistema Automático de Calidade das Augas (SAICA), xa finalizadas ou en execución por parte da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que se suman ás 2 que xa se atopan en funcionamento en Portugal (Rede SNIRH) realizadas por parte de APA.
Por outra banda, mencionar tamén os progresos en o Protocolo de Comunicacións ou o Plan de Seca Conxunto para toda a Demarcación Internacional do Miño-Limia, resultados cuxo desenvolvemento final xa se atopa moi próximo e que poderá ser exposto a curto prazo.
A próxima reunión do Grupo de Traballo Conxunto celebrarase o próximo 19 de febreiro en Ourense.
Fonte: CHMS