O proxecto Risc Miño-Limia alcanza o 80% de execución

O proxecto Risc Miño-Limia alcanza o 80% de execución

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, vén de reunir por videoconferencia, ao Comité de Xestión do Proxecto RISC_Miño Limia, órgano directivo do proxecto, no que están representados todos socios beneficiarios; pola parte portuguesa, a Axencia Portuguesa de Ambiente APA e a Facultade de Enxeñería da Universidade do Porto; por parte española, o Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil Ou.A., como socio principal.

No encontro analizouse o grao execución de cada unha das actividades, comezando coa nova cartografía da demarcación á espera de obter os resultados relativos dun novo voo LIDAR realizado, o estudo do impacto do cambio climático sobre os recursos hídricos, xa finalizado, e a aplicación destes aos balances de recursos e demandas que xa está en marcha.

 

Valoracións

Así mesmo, deuse conta do documento sobre o plan de seca conxunto que foi elaborado durante o pasado ano e que está a ser estudado pola parte portuguesa.

Por outra banda, valoráronse os importantes avances no desenvolvemento de modelos hidrometeorológicos e hidráulicos, tanto polas Universidades como pola CHMS, que permitirán mellorar o Sistema de Axuda á Decisión (SAD) fronte a fenómenos extremos, con melloras tanto no hardware como no software.

Tamén se deu conta da finalización das obras de construción das novas estacións de control a CHMS, xa finalizou cinco estaciones SAICA, nos ríos Louro (Tui, Pontevedra), Deva (Arbo, Pontevedra), Sarria (Sarria, Lugo), Avia (Leiro, Ourense), e Arenteiro (Carballiño, Ourense) e dúas estacións SAIH nos ríos Asma (Chantada, Lugo) e Arnoia en (Allariz). Da mesma forma a ARH Norte da APA portuguesa ha xa posto en funcionamento as 2 estacións en Monçao e Arcos de Valdevez.

Así mesmo, indicouse que xa están moi avanzados os estudos das medidas de retención natural fronte a inundacións en Baños de Molgas (Ourense) e Monforte de Lemos (Lugo) e que se espera poidan finalizar ao longo do primeiro semestre deste ano.

Finalmente, os socios acordaron seguir fomentando a cooperación entre todos os socios para futuros proxectos conxuntos que redunden na mellora da resposta #ante os fenómenos extremos como as inundacións e as secas, e que permiten mellorar prevención, protección e preparación fronte aos mesmos e así evitar danos sobre as persoas e os bens.

 

Conclusións de José Antonio Quiroga

“No encontro todos os socios manifestaron o elevado grao de cooperación e coordinación entre os membros do Grupo de Traballo Tecnico durante o desenvolvemento do proxecto que, cun orzamento total de 2.335.000 euros, alcanza o 80 % de execución. O Risc Miño-Limia se inció en xullo de 2017 e finalizará en decembro do ano 2021, despois de ser prorrogado pola situación xerada polo COVID-19”, explicou o presidente da CHMS.