O proxecto RISC-Miño Limia conta con 2,3 millóns e alcanza o 80% de execución

O proxecto RISC-Miño Limia conta con 2,3 millóns e alcanza o 80% de execución

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José A. Quiroga, reuniu onte por videoconferencia ao Comité de Xestión do Proxecto RISC-Miño Limia, que conta con 2.335.000 euros e xa alcanza o 80 % de execución . Destacouse os importantes avances no desenvolvemento de modelos hidrometeorológicos e hidráulicos que permitirán mellorar a capacidade de reacción #ante fenómenos extremos.

Pola parte portuguesa, a Axencia Portuguesa de Ambiente APA e a Facultade de Enxeñería da Universidade do Porto, e pola española o Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a CHMS, como socio principal, analizaron o grao execución de cada unha das actividades. Deuse conta da finalización das obras de construción das novas estacións de control, a CHMS xa finalizou cinco estaciones SAICA, nos ríos Louro (Tui), Deva (Arbo), Sarria (Lugo), Avia (Leiro), e Arenteiro (Carballiño) e dous SAIH nos ríos Asma (Chantada) e Arnoia (Allariz). E están moi avanzados os estudos das medidas de retención natural fronte a inundacións en Baños de Molgas e Monforte, que se prevé finalicen neste primeiro semestre. O proxecto RISC- ML “está a conseguir moi boa coordinación entre todos os socios co positivo que iso supón para a xestión das concas hidrográficas compartidas entre países limítrofes”, conclúe Quiroga.

Fonte: Faro de Vigo