14 Out 25ª reunión do grupo de traballo conxunto do proxecto RISC MIÑO-LIMIA
Celebrada a vixésima quinta reunión do Grupo de Traballo Conxunto dos socios no proxecto europeo POCTEP RISC_ ML, liderados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil O.A.
Como en ocasións anteriores, cada un dos socios expuxo os avances nas diferentes actividades do proxecto, cuxo grao de execución está en torno ao 92 %. Ademais, xa foi programado o calendario de traballo co que se completarán as accións pendentes.
A sesión centrouse nos seguintes traballos pendentes:
- A finalización da nova estación SAIH na presa de Fuente del Azufre (Ponferrada, León).
- Os proxectos técnicos de medidas de retención natural que se pecharán no prazo aproximado dun mes.
- A organización da xornada de peche do proxecto para o 25 de novembro de 2021.
- Continuación do desenvolvemento dos modelos hidrolóxicos e hidráulicos, predicións, sistema de axuda á decisión e sistemas de alerta temperá.
- A recompilación de todos os entregables do proxecto.
O Grupo de Traballo Conxunto acordou a celebración da 26ª reunión no 18 de novembro.

