25 Nov No Workshop organizado polo proxecto RISC_ML, expertos en xestión de recursos hídricos analizaron as posibles respostas ante o cambio climático
Baixo o título “OS RECURSOS HÍDRICOS ANTE O CAMBIO CLIMÁTICO – OS FENÓMENOS EXTREMOS” a CHMS explicou os resultados alcanzados polo proxecto RISC_ML tras os seus 4 anos.
Durante a xornada de traballo, celebrada por vía telemática, expuxéronse as principais accións que se viñeron implementando, a destacar as seguintes:
- A avaliación do impacto do cambio climático nos recursos hídricos das partes española e portuguesa das concas hidrográficas dos ríos Miño e Limia, explicado por expertos do CEDEX.
- Os avances na ferramenta MIDAS, sistema de alerta temperá de inundacións capaz de predicir (en tempo real) as zonas de inundación e o seu perigo asociado, exposto pola Universidade de Vigo.
- Os rexistros de precipitacións, así como os indicadores de escaseza e seca, a través da achega da FEUP.
- As estacións de control, características e rendemento, instaladas tanto pola CHMS como pola APA-ARH Norte.
Á finalización das exposicións, realizadas por cada un dos socios e colaboradores no proxecto, realizouse unha rolda de debate onde se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa sustentabilidade das accións desenvolvidas e do seu impacto na Demarcación Hidrográfica Internacional.
Todos os participantes coincidiron na necesidade de abordar os fenómenos extremos baixo un enfoque colaborativo tanto a nivel transfronteirizo como a través do intercambio de información e de a colaboración entre organismos de conca, universidades e organismos ou entidades expertas na materia.